Que facemos?
Proxectos culturais vivos para cidades dinámicas
electrofauna
A conexión entre cultura, natureza e creación contemporánea a través de experiencias abertas e libres. Sen muros nin portas.


mercado da estrela
Redescubrindo o valor histórico e patrimonial de Compostela; poñéndoo ao servizo dos creadores, nunha feira de produtos artesanais do S. XXI

O Mercado da Estrela é lugar de encontro para as persoas artesás, creadoras, produtoras e emprendedoras de Galicia
tradfest
Unha celebración da cultura de raíz, mais cunha ollada actual que a mantén viva e a fai medrar

noitiNHas
Nas noites primaverais e estivais de Santiago, os xardíns do hotel NH convértense no escenario ideal para unha oferta refrescante de música en directo e gastronomía



Con case unha década de vida, noitiNHas é xa un evento consolidado na escena cultural compostelá.
Correvaidille
Somos unha empresa de xestión e catalización cultural, comunicación creativa, organización de eventos e dinamización artístico-festeira con sede na cidade de Santiago de Compostela.
Deseñamos, producimos e impulsamos proxectos que conectan a cultura coa xente. Experiencias con identidade propia e a fermosa finalidade de activar espazos, públicos e corazóns.



