Quen somos?

Somos funámbulas da música, cociñeiras de soños, gaiteiras gastronómicas. Vestimos monteira e tocamos as nosas guitarras con distorsión. Bailamos nun pé e durmimos de pé. Temos segredos gardados en caixas de madeira talladas hai séculos. Amamos e vivimos, sempre, con alma de artistas.

Correvaidille

Somos unha empresa de xestión e catalización cultural, comunicación creativa, organización de eventos e dinamización artístico-festeira con sede na cidade de Santiago de Compostela.

Deseñamos, producimos e impulsamos proxectos que conectan a cultura coa xente. Experiencias con identidade propia e a fermosa finalidade de activar espazos, públicos e corazóns.

Mónica Correvaidille